Información pública convenio de colaboración entre Consorcio “As Mariñas” e "Aquaoleiros"
EXP: 2022/A006/000006
Información pública do texto inicial do convenio de colaboración entre o Consorcio “As Mariñas” e a Empresa Municipal do concello de Oleiros “Aquaoleiros”.
TEXTO
Negociado e subscrito o texto inicial do convenio que se adxunta, cuxa finalidade é a recadación conxunta da taxa pola recollida e tratamento de residuos urbanos correspondente aos suxeitos pasivos domiciliados en Oleiros coa taxa por subministración de auga exaccionada por ese Concello.
O Consorcio As Mariñas acorda co Concello de Oleiros e coa empresa AQUAOLEIROS a colaboración desta última nas tarefas de recadación e de mantemento do Padrón fiscal da taxa por recollida e tratamento de residuos urbanos, o que se fará conxuntamente coa taxa municipal de subministración de auga potable naqueles casos que sexa posible.
De conformidade co artigo 83 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, sométese a información pública polo prazo de vinte días, a contar desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio neste Boletín Oficial da Provincia.
Á súa vez, estará a disposición dos interesados na sede electrónica deste Consorcio [https://sede.consorcioam.org/opencms/es/index.html]
O presente anuncio servirá de notificación aos interesados, no caso de que non poida efectuarse a notificación persoal do outorgamento do trámite de audiencia.
Bergondo, na data que figura na marxe
O Presidente
José Antonio Santiso Miramontes