Sede electrónica Consorcio As Mariñas

05:18:17 Domingo 24 de novembro 2024
Estás en:

Información

O Consorcio As Mariñas inaugura a súa Sede Electrónica.

06/02/2013

O Consorcio As Mariñas inaugura a súa Sede Electrónica, que permitirá aos ciudadáns realizar os seus trámites por internet.

O Consorcio As Mariñas dá o salto cara a unha administración sen papel.

Mediante a súa identificación con DNI ou certificado electrónico, o usuario poderá dispor dunha serie de servizos personalizados: consultar o estado dun trámite, consultar os seus expedientes, representar a outra persoa na presentación de instancias, realizar unha serie de trámites telemáticos regulados e presentar calquera outra instancia ou solicitude a través do rexistro electrónico.

O Consorcio As Mariñas cumpre así plenamente a Lei 11/2007 de Acceso Electrónico dos Cidadáns aos Servizos Públicos, que establece o "dereito dos cidadáns a relacionarse coas Administracións públicas por medios electrónicos" e "a obrigación das Administracións Públicas de redeseñar os seus procedementos e dotarse dos medios técnicos necesarios para que o exercicio do novo dereito sexa plenamente efectivo".